|
Ferrol acolleu unha nova xuntanza entre técnicos de emprego e de Igape e a UPD Coordiina Local |
 Ferrol acolleu unha nova xuntanza de axentes de emprego, por un lado, e técnicos do Igape e da UPD Coordina Local, por outro. O obxectivo destas reunións de traballo, que se están a celebrar en diferentes puntos de Galicia, é difundir entre os técnicos de emprego e desenvolvemento local os produtos do Igape para apoio aos emprendedores e as liñas de financiamento para empresas. Neste encontro participaron un total de 22 axentes de diversos concellos e entidades de Ferrolterra.
|
|
Última actualización ( 07/10/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Técnicos do Igape e axentes de emprego da provincia de Lugo colaboran na súa dinamización económica |
 O Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu unha xuntanza de técnicos do Institito Galego de Promoción Económica, da Consellería de Economía e Facenda, con axentes de emprego e técnicos de promoción económica da provincia, na que tamén participaron membros da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local. Esta reunión serviu para analizar as axudas que o IGAPE ten habilitadas tanto para as iniciativas emprendedoras como para as pemes que xa están funcionando. |
|
Última actualización ( 03/10/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Arrancan en Santiago os seminarios informativos 'Produtos básicos IGAPE para emprendedores' |
 A sede do IGAPE en Santiago acolleu o primeiro dos dez seminarios promovidos polo Instituto Galego de Promoción Económica e a UPD Coordina Local para informar aos axentes de emprego e técnicos de promoción económica sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento para pemes deste organismo. Os encontros terán lugar nas sete grandes cidades galegas e nas comarcas de Valdeorras, Costa da Morte e A Mariña de Lugo ata o vindeiro día 9 de outubro. O obxectivo último destas xornadas é dinamizar o tecido empresarial galego, tanto no que atinxe a novas iniciativas emprendedoras como a pemes que xa están funcionando. |
|
Última actualización ( 03/10/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 461 - 463 de 463 |