|
Como afrontar a Crise: Medidas para afrontar a Crise |
|
A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con BIC Galicia, organiza a seguinte xornada "Como afrontar a Crise: Medidas para afrontar a Crise".
Estas xornadas teñen como obxectivo coñecer e poñer en alza os valores do pequeno comercio e como sacarlles valor, así como coñecer as diferentes estratexias coas que pode contar o pequeno comercio para afrontar a situación económica actual.
Porase a disposición do asistente de diferentes medidas e estratexias para afrontar a crise.
A xornada vai dirixida a: Empresarios e traballadores do sector comercial, principalmente ou que estean directamente relacionado co mesmo, aínda que tamén estará aberto a empresarios e traballadores do resto dos sectores produtivos.
|
|
Última actualización ( 24/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O papel dos viveiros de empresa en Galicia |
|
O papel dos viveiros de empresa en Galicia como axentes de promoción económica e xeración de emprego.
O presente libro analiza que é un viveiro de empresa, a súa funcionalidade, obxectivos, vantaxes e limitacións, así como afonda nas características dos viveiros en Galicia, o perfil do emprendedor, e a contribución económica dos viveiros galegos como xeradores de empresas e creación de emprego.
O libro está editado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
|
|
Última actualización ( 22/03/2011 )
|
|
|
IV taller formativo vTigerCRM |
|
A Aula TIC PEMEs da USC organiza o "IV taller formativo vTigerCRM" coa finalidade de informar acerca da aplicación gratuíta e de software libre que foi deseñada para xestionar as relacións con clientes, denominada vTigerCRM.
A data prevista de inicio é o 1 de abril de 2011 e terá unha duración de 50 horas virtuais ao longo dun período de 6 semanas.
A modalidade deste taller é 100% virtual a través da web da Aula TIC PEMEs.
As inscricións pódense realizar ata o 25 de Marzo a través do correo-e: atpemes[arroba]usc.es, indicando: Nome e apelidos, correo-e, teléfono e organización.
Vai dirixido ás Empresas e Asociacións do ámbito da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) |
|
Última actualización ( 21/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
"Novas Oportunidades para a Diversificación Agrícola" |
|
O Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR O SALNÉS) organiza a xornada "Novas Oportunidades para a Diversificación Agrícola" o próximo xoves, 17 de marzo de 2011 no Centro Comarcal do Salnés Exposalnés" - Paseo da Calzada, s/n, Cambados, Pontevedra.
O horario da xornada será de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas.
A xornada vai dirixida a:
- Agricultores, cooperativas Agrícolas, propietarios de terras, demandantes de emprego e demais interesados en coñecer novos cultivos que poidan supoñer unha oportunidade para a diversificación, así como coñecer algunhas experiencias xa postas en marcha.
- Técnicos de grupos de desenvolvemento rural, Técnicos de oficinas agrarias comarcais e técnicos de organizacións agrarias interesados en afondar no coñecemento destas novas oportunidades para a diversificación e mellorar a información sobre as mesmas co obxectivo de poder trasladalas ao sector.
|
|
Última actualización ( 14/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xeración, Maduración e Avaliación das Ideas Empresariais |
O SAEE UNED A CORUÑA e BIC GALICIA organizan o seminario: "Xeración, Maduración e Avaliación das Ideas Empresariais. Novas Ideas para a Creación de Empresas: Como pasar da Idea ao Negocio".
As sesións formativas terán lugar na UNED Ferrol: c/ María, nº 50-52 - Ferrol.
O obxectivo do seminario é o de crear unha ferramenta de formación para que o potencial emprendedor sexa capaz de xerar, madurar e avaliar a súa idea de negocio.
|
|
Última actualización ( 17/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Proxecto Inno Vía Ourense |
|

A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense presenta o "Proxecto Inno Vía Ourense" co obxectivo de poñer a disposición das empresas a un custo moi reducido o software eTelser, a través do cal poderán facilitar o traballo participativo, xestionar proxectos...
Realizarase o 15 de marzo de 2011 en horario de 10:00 a 11:30 horas no Viveiro de Empresas Fernando Fontán, Parque Tecnolóxico de Galicia, rúa de Vigo, 2, San Cibrao das Viñas, Ourense.
O proxecto ten como destinatarios pemes e autónomos que conten, como mínimo, con un empregado.
|
|
Última actualización ( 10/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 81 - 90 de 463 |