| O Centro Empresarial da Construcción do Barbanza organiza a Xornada Formativa "Impagos" |
Co dobre obxectivo de informar e orientar sobre como previr a tempo a morosidade, os riscos que supón para a empresa e os procesos para afrontala en caso de que xa estea afectando á empresa, o Centro Empresarial da Construcción do Barbanza (CECB) organiza, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, unha nova xornada formativa: "Impagos".Dirixida a profesionais que exercen a súa actividade económica por conta propia, e persoas interesadas en xeral, a xornada celebrarase o vindeiro 16 de setembro na Aula de Formación co CECB, sita en Ribeira, ás 20.30h.
Trátase dunha xornada de carácter gratuíto e conta cun aforo limitado, polo que os interesados deberán solicitar a súa participación e inscribirse, confirmando a asistencia ó acto.
Programa
Morosidade. Riscos da contratación de métodos para minimizalos o Aspectos xurídicos e sociais o Instrumentos legais de control e garantías Clasificación de débedas. Distinción entre debedor civil e debedor mercantil. - Concepto - Clasificación - Aplicación do código civil Reclamación de cantidades. Aspectos xurídicos e a aplicación da lei de enxuizamento civil. - Concepto - Clases de reclamacións - Finalidade do lexislador nos procedementos monitorio e cambiario Procedemento monitorio e cambiario. Obxectivo e características. Competencia e procedemento. - Natureza - Características - Competencia e procedemento Procesos de execución. A execución forzosa. - Resolucións susceptibles de execución. Títulos que levan aparellada execución. - Límites a execución. Formais e Temporais. - Execución de liquidez. Cuestións xerais e concepto de liquidez. - Despacho de execución. Oposición a execución - Suspensión da execución Lei de medidas de loita contra a morosidade - Aplicación práctica - Tipos de xuros de demora - A mora procesal Foro aberto Para máis información:
CECB, Centro Empresarial da Construcción do Barbanza
Mariño de Rivera 11, Ribeira
Teléfono: 981 874 647
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 10/09/2009 ) |

