| O IGAPE xestiona a Liña de Axudas para autónomos e microempresas "Plan Re-Solve" |
|
O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, é o organismo da Xunta de Galicia encargado da xestión das axudas ó financiamento do circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas do Plan Re-Solve.
Trátase de axudas en réxime de concorrencia non competitiva dirixidas ás microempresas con domicilio fiscal en Galicia, ós autónomos e ás agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, ás comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
O IGAPE respalda operacións novas de financiamento de circulante (pólizas de crédito e de préstamo), avalando ante as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) un 25% do seu risco, para que estas, á súa vez, avalen ante as entidades financeiras un 90%. O IGAPE farase cargo da comisión de aval e de estudo das SGR, de xeito que a súa participación sexa sen custo para o solicitante do préstamo.
O prazo de presentación de solicitudes de aval finalizará o 30 de decembro do 2009.
Definición de microempresas: empresas con menos de 10 traballadores, e cun volumen de negocio menor ou igual a 2 millóns de euros ou un balance menor ou igual a 2 millóns de euros.
Características e Condicións:
--O Plan Re-Solve ten por obxecto facilitar operacións de financiación novas. Exclúese expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.
-- O importe mínimo das operacións será de 3.000 e o máximo de 40.000.
--Prazo de vixencia: 3 anos. --Tipo de xuro nominal variable semestralmente: Euribor a 6 meses + ata 2,75 puntos (pactarase entre as partes). --Comisións máximas: 1,5% apertura, 0,5% de estudio. No caso de póliza de crédito ademais unha comisión de dispoñibilidade trimestral máxima do 0,50% sobre o saldo medio non disposto (para as comisións de estudio e apertura, conxuntamente, a entidade financeira poderá estipular un mínimo de ata 100).
--Préstamos: o primeiro ano será de carencia. Unha vez transcorrido, o 50% do préstamo será amortizado con periodicidade mensual ou trimestral e o 50% restante será amortizado ó vencemento.
--Pólizas de crédito: o saldo máximo dispoñible inicial manterase durante o primeiro ano, transcorrido o cal o límite reducirase nun 25% ó comezo do segundo ano, noutro 25% ó final do segundo ano e nun 50% ó vencemento.
--Os fondos dispostos destas operacións deberán ser utilizados para o financiamento de circulante: nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo ó seu vencemento e cotas de leasing. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou activos financeiros, nin á cancelación anticipada de pasivos bancarios.
--As garantías a favor das entidades financeiras serán o aval da Sociedade de Garantía Recíproca(SGR) polo 90% do risco. Como garantía adicional poderán requirir garantías persoais pola parte non avalada pola SGR.
--As garantías a favor da SGR serán o reaval do IGAPE en cobertura do 25% do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais.
Referencia Lexislativa:
Bases reguladoras: Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº191 do 29/09/2009)
|
|
| Última actualización ( 05/10/2009 ) |

