| O IGAPE xestiona a Liña de Axudas para empresas "Plan Re-Brote" |
|
O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, é o organismo da Xunta de Galicia encargado da xestión das axudas ó circulante para empresas do Plan Re-Brote, liña de avais para o acceso a financiamento operativo adicional a través de liñas de crédito, de desconto, factoring e confirming.
Trátase de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas as empresas con domicilio social e fiscal en Galicia que non se atopen en situación de crise, que desenvolvan unha actividade subvencionable e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo IGAPE.
O IGAPE poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndo expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes. Cada unha das subvencións poderá ser concedida por unha entidade financieira asinante do Convenio ou ben por un sindicato bancario formado por entidades asinantes do mesmo.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de decembro do 2009.
Modalidades de operacións financieiras a avalar:
CONTAS DE CRÉDITO A UN PRAZO DE DOUS ANOS PARA O FINANCIAMENTO DE CIRCULANTE:
--Destinadas ó financiamento de nóminas dos traballadores, impostos, aluguer, provedores, etc.
--O límite de crédito mínimo por operación será de 300.000 .
--Tipo de xuro variable semestralmente: Euribor a 6 meses + ata 2,75 puntos (pactarase entre as partes).
--Comisións máximas: 1,50% apertira, 0,50% estudo, 0,50% dispoñibilidade trimestral (sobre o saldo medio non disposto).
--Aval: o IGAPE responderá de ata o 40% do saldo disposto.
LIÑAS DE CRÉDITO A DOUS ANOS PARA O ADIANTO DE EFECTOS COMERCIAIS E FACTURAS:
--Destinadas a garantir a cesión mercantil ou transmisión dos créditos derivados das vendas a prazo que efectúe a empresa beneficiara.
--O límite de risco por efectos comerciais ou facturas descontadas mínimo por operación será de 300.000 .
--Tipo de xuro variable semestralmente: Euribor a 6 meses + ata 2,75 puntos (pactarase entre as partes).
--As entidades financeiras poderán aplicar unha comisión porcentual sobre as facturas e documentos cedidos, que non sobrepasará o 1%.
--Aval: o IGAPE responderá de ata o 50% dos importes adebedados pola beneficiaria á entidade financeira como consecuencia dos impagados que se produzan.
PÓLIZAS A DOUS ANOS DE XESTIÓN DE PAGAMENTOS A PROVEDORES (CONFIRMING).
-- Destinadas á xestión do pago das compras, anticipando as entidades financeiras os pagos ós provedores.
--O límite de risco por facturas comunicadas mínimo por operación acollida ao convenio será de 300.000 .
--As entidades financeiras poderán repercutir unha comisión porcentual sobre as facturas confirmadas, que non sobrepasará o 1 %.
--Aval: o IGAPE responderá de ata o 60% dos importes adebedados á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan.
Condicións:
--O obxectivo do Plan Re-Brote é garantir operacións de financiamento novas, cubrindo entre o 40% e o 60% do importe do préstamo ou crédito.
--Exclúese expresamente a substitución de créditos bancarios preexistenes.
--O importe individual das operacións de crédito será como mínimo de 300.000, cun máximo de risco por beneficiaria entre todas as entidades financieiras colaboradoras de 3.500.000.
--As garantías outorgadas polo IGAPE consistirán na prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras
--O prazo de vixencia da garantía será como máximo de 30 meses dende a súa formalización, cubrindo o risco vivo financiado ou anticipado durante os dous anos de vixencia máxima da operación avalada.
--O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de decembro do 2009.
Referencia Lexislativa:
Bases reguladoras: Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº191 do 29/09/2009)
Corrección de Erros: Resolución do 25 de setembro de 2009 (DOG Nº193 do 01/10/2009) |
|
| Última actualización ( 02/10/2009 ) |

