 A Cámara de Comercio e Industria de Ourense organiza unha xornada informativa sobre o Programa da UE "Adaptación da Empresa á Economía Dixital".
Trátase dunha iniciativa de ámbito estatal dirixida a impulsar a incorporación das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) nos procesos de traballo das pequenas e medianas empresas.
O programa, promovido polo Consello Superior de Cámaras, está incluído nos Programas Operativos para as rexións de Converxencia no seu Eixe 2 Desenvolvemento e Innovación Empresarial, estando cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A xornada terá lugar o vindeiro 17 de setembro na sede da Cámara de Ourense a partir das 16hs. Para asistir haise que inscribir xa que o aforo é limitado.
O Programa "Adaptación da Empresa á Economía Dixital" ven a financiar nun 80% a implantación (previa diagnose tecnolóxica) das diferentes ferramentas dixitais que hoxe existen para mellorar a xestión e eficacia das pequenas e medianas empresas.
¿Cal é o obxectivo deste programa?
Dotar ás empresas de ferramentas para a mellora da súa produtividade e competitividade, así coma favorecer a fluídez e seguridade na súa xestión, tanto interna como externa, especialmente nos medios de pagamento, nas relacións interempresariais e coas entidades financeiras e administrativas. Para iso, entre os obxectivos atópase o uso da Certificación Dixital como tecnoloxía para facer seguras estas relacións.
¿A quen vai dirixido?
Os beneficiarios do Programa serán as pequenas e medianas empresas, os autónomos e as microempresas, pertencentes á demarcación da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense.
¿En que consiste?
As actividades incluídas no Programa baséanse en:
-Diagnóstico tecnolóxico. Estudio do nivel técnico, de produto e estratexia de cada empresa, para valorar o potencial para a incorporación dun entorno on-line.
-Incorporación das TIC ás empresas, que permitan procesos avanzados de xestión, relacionarse electrónicamente con outras empresas, clientes, administracións públicas ou entidades financeiras.
-Implantacións de solucións de facturación e banca electrónicas, loxística, estudio de produto, catálogo virtual e posicionamento web.
Máis información:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|