| Obradoiro práctico sobre igualdade na empresa na Cámara de Ourense |
A Cámara de Comercio de Ourense organiza unha nova xornada formativa dedicada ós plans de igualdade na empresa e dirixida a tódalas persoas interesadas no tema. Baixo o título de "Medidas e Plans de Igualdade", o obradoiro impartirase cunha metodoloxía de carácter práctico no que se introducirá ós participantes na busca da eficiencia na empresa e a calidade de vida a través dos plans de igualdade. Ó longo da xornada analizarase polo miúdo a Lei de Igualdade e como afecta ás empresas, así como a conciliación e os beneficios que achega a aplicación na empresa das medidas incluidas nos plans de igualdade.
O obradoiro terá lugar no Viveiro de Empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia, sito en San Cibrao das Viñas, o vindeiro 23 de novembro durante todo o día. A asistencia e participación na xornada será gratuíta previa inscrición xa que o aforo é limitado. Entregarase certificado de asistencia ós participantes.
Programa:
Introdución: a igualdade, unha oportunidade para as empresas. Na busca da calidade de vida e da eficiencia. Novas formas de dirección de equipos. Novas formas de dirixir equipos; a xestión intelixente de RRHH e o salario emocional. Novos modelos empresariais. Empresas do século XXI. Boas prácticas, algunhas empresas OPTIMA. Lei de igualdade; a conciliación como un dereito laboral de homes e mulleres. Plans de igualdade e permiso de paternidade. Obxectivo: a corresponsabilidade. A vida equilibrada entre espazos e tempos como valor ó alza entre homes e mulleres. Boas prácticas en igualdade e conciliación: os custos empresariais da conciliación (CEIM). As 6 C da conciliación. Indicadores EFR. Data: do 23 de novembro de 2009
Horario: 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 17.30 h Lugar: Viveiro de Empresas Parque Tecnolóxico de Galicia Rúa de Vigo, 2 San Cibrao das Viñas Aforo limitado. Entregarase certificado de asistencia. Inscrición e máis información: Tel. 988 233 116 Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver www.camaraourense.com |
|
| Última actualización ( 20/11/2009 ) |

