| Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia |
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro do Programa EDUEMPRENDE (Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia) organiza o vindeiro xoves 26 de Maio de 2011 a "Mesa redonda sobre valoración e alternativas de financiamento de plans de empresa."
Como actividade previa á 4ª e última sesión das xornadas do «Programa Avanza» dentro de «Eduemprende», Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, celebradas no IES PORTOVELLO de Ourense no mes de febreiro e marzo, celebrarase unha mesa redonda no que participaran representantes de diferentes entidades de financiamento para que os asistentes poidan achegarse a algunhas orientacións sobre elementos de valoración de proxectos e alternativas de financiamento para plans de empresa que se poidan desenvolver.
Estas xornadas están dirixidas a estudantes que participaron nas sesións formativas previas, o resto da comunidade de centros educativos, público en xeral e usuarios dos servizos de promoción económica da comarca de Ourense.
A xornada terá lugar o xoves 26 de Maio de 2011 a partir das 16:30, no salón de actos do IES Portovello de Ourense (aforo limitado de 100 localidades). Rúa Luis Trabazos, 1 ; 32004 Orense.
Desenvolvemento:
16:30 Mesa redonda. Presenta e modera Abel Ocampo, profesor coordinador de FP Plus no IES PORTOVELLO.
18:30. Descanso con café. 18:50. Visita ao viveiro do IES Portovello. 19:15. Charla final do «Programa Avanza». BIC Galicia, http://www.bicgalicia.org 20:30. Entrega de diplomas de participación na Sesión Avanza. |
|||
| Última actualización ( 27/05/2011 ) | |||


