| Premios Aje Galicia |
|
A FEDERACIÓN GALEGA DE XOVES EMPRESARIOS-AJE GALICIA organiza o "Encontro Comercial e Premio Xoven Empresario de Galicia 2010".
O obxectivo desta xornada é:
-Conseguir contactos en toda Galicia: establecer contactos con xoves empresarios e emprendedores das catro provincias galegas. -Concretar unha axenda personalizada: manter entrevistas cos perfís máis interesantes a escoller entre máis de 100 empresas a través dunha plataforma online. A través da mesma poderás xerar unha axenda onde se describirá o número de mesa asignado, a hora e a empresa interlocutora. -Dar a coñecer o teu negocio e descubrir novos mercados e retos empresariais. Celebrarase o próximo 7 de xullo dende as 9:20 h ata as 17: h., no Hotel Monumento San Francisco. Campillo de San Francisco, 3 Cp. 15705. Santiago de Compostela.
O prazo de presentación de proxectos remata o 30 de xuño as 19:00 horas.
Máis información: Federación Galega de Xoves Empresarios -AJE GALICIA Centro de Negocios Santiago c/Rosalía de Castro, 1-15706 Santiago de Compostela. info[arroba]fegaxe.com Tl: 981 596590 / 608752100 Para Premio Xoven Empresario de Galicia 2010 http://www.premioajegalicia.com/ |
|
| Última actualización ( 14/06/2011 ) |

