| Presentacion |
|
Un esforzo común, unha meta común: a creación
de empresas e a súa consolidación.
Este espazo en internet quere ser unha xanela aberta á comunicación da Rede de técnicos de Emprego espallados por toda Galicia,
e de todos aqueles profesionais especializados na creación de empresas e
apoio a emprendedores.
Trátase de dotar á Rede dunha ferramenta útil que preste apoio aos seus membros e contribúa a facer máis doado o seu traballo. Ao tempo, búscase mellorar o coñecemento e a comunicación entre todos, para beneficiarse do "saber facer" común. Con esta vocación compartida naceu a UPD Coordina Local, que continúa na
UPD Coordina Local II, promovida nesta segunda etapa polo BIC Galicia e
a Consellería de Traballo e Benestar.
Os obxectivos da UPD, mellorar a coordinación e proporcionar un apoio a
todos os técnicos que apoian emprendedores, intentaránse desenvolver
tamén nesta web.
Esperamos a vosa participación. |
|
| Última actualización ( 14/07/2010 ) |

UPD Coordina Local 