| Presentación do libro "Emprendedores: 25 casos de éxito en el mundo empresarial" en Ourense |
A Confederación Empresarial de Ourense, CEO, organiza a xornada "Pautas e recomendacións para emprender: experiencias de éxito empresarial" que se celebrará o vindeiro martes, 17 de novembro na sede da CEO.Unha xornada na que se presentará o libro "Emprendedores: 25 casos de éxito en el mundo empresarial" do xornalista e escritor Pedro Meyer que servirá de fío condutor para analizar e debater as distintas experiencias empresariais que se narran no libro e que acadaron o éxito profesional.
A xornada e presentación terá lugar a partir das 13:00 horas, debendo confirmar a súa asistencia aquelas persoas que desexan participar. Os asistentes recibirán un exemplar do libro, publicado por Pedro Meyer en febreiro deste mesmo ano.
Pedro Meyer
Xornalista e autor do libro "Emprendedores" (Alienta), traballou ó longo de máis de 30 anos en RTVE presentando programas infantís, xuvenís, informativos e programas de debate. Foi Director de Programas de RNE e creador, director e presentador do programa de Radio Cinco Emprendedores, que obtivo a Antena de Plata no 1996.
Dende hai máis de 20 anos asesora en temas de comunicación, formación de portavoces e presentacións eficaces a moi diferentes empresas e institucións. É tamén relator en diferentes eventos relacionados co mundo dos emprendedores e da comunicación.
Pedro Meyer foi galardoado con outros premios como son: Ondas colectivo a Informativos de TVE en 1977, Antena de Oro en 1993 por España a las Ocho e mailo Ondas Internacional 2004.
Confirmación de asistencia:
Teléfono 988 391 110
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 11/11/2009 ) |

A Confederación Empresarial de Ourense,