| Presentación do proxecto "Red-Genera: xestión de residuos Galicia-Norte de Portugal" en Ourense |
A Cámara de Comercio de Ourense organiza a presentación do proxecto "Red- Genera" sobre a xestión dos residuos empresariais na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Un acto que terá lugar o vindeiro día 15 de decembro na sede da Cámara de Ourense ó longo de todo o día.O proxecto responde á dobre necesidade de previr a produción de residuos industriais e valorizalos a través do reciclado, a reutilización de materiais para outros procesos ou a valorización material ou enerxética, identificando os refugallos que poden poseer maior valor engadido no mercado.
Os nove socios que conforman a "Red-Genera" constituirán unha rede de traballo co obxectivo de dinamizar a Eurorrexión, promovendo iniciativas innovadoras orientadas á prevención en orixe da contaminación orixinada polos refugallos e propondo novas iniciativas empresariais para a súa valorización.
Programa:
10.30 h. Recepción dos asistentes e entrega da documentación 11.00 h. Presentación e inauguración do acto 11.30 h. Módulo I: proxecto Red-Genera 12.00 h. Módulo II: políticas públicas
13.00 h. Módulo III: aspectos xurídicos 14.00 h. Rolda de intervencións 14.15 h. Comida (confirmar asistencia) 16.00 h. Módulo IV: mercado de residuos 17.30 h. Rolda de intervencións, e clausura Información e inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
http://www.camaraourense.com/medioambiente/ Tel.: 988 233 116 Fax.: 988 233 088 |
|
| Última actualización ( 10/12/2009 ) |

