| PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA EMPRENDEDORES |
O obxectivo desta actividade é achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. Mostrar dende un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas. Ao remate da formación proponse unha visita a unha cooperativa coa intención de visualizar na práctica o aprendido
Esta actividade diríxese á poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial. Esta actividade é gratuíta.
As xornadas celebraranse nas seguintes datas:
NARÓN: do 22 ao 26 de agosto de 2011 en horario de 9:30 a 14:30 horas, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Narón O Val, Fundación Terra de Trasancos, Vilacornelle, s/n, Narón (A Coruña).
LUGO: do 29 de agosto ao 2 de setembro de 2011 en horario de 9:30 a 14:30 horas, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, Praza Fonte dos Ranchos, s/n, entreplanta (contiguo a oficina Caixa Rural Urbana 2), Lugo.
Máis información: Patane García Méndez - UGACOTA Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña Tel. 881 887 456 / 697 877 773 e-mail: patane[arroba]ugacota.org |
|||
| Última actualización ( 02/08/2011 ) | |||


