| Promoción do Cooperativismo para persoas emprendedoras |
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA, promove o obradoiro "PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS" no marco da programación de actividades do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, dentro da REDE EuSumo.
O obxectivo desta actividade é, por unha parte, achegar o modelo cooperativo á cidadanía e, en especial, a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo e, por outra, mostrar desde un punto de vista práctico, e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
Esta actividade diríxese á poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial.
Desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1 de agosto de 2011, en horario de 9:30 a 14:30 horas, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, Polígono Industrial de Pazo, Verín, Ourense.
Máis información: Patane García Méndez - UGACOTA Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña Tel. 881 887 456 / 697 877 773 e-mail: patane[arroba]ugacota.org |
|||
| Última actualización ( 19/07/2011 ) | |||


