| Publicado no DOG o programa Re-Solve + do IGAPE |
![]() No día de hoxe, 21 de setembro, publicáronse no DOG as bases reguladoras das axudas do IGAPE para o programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras (Re-Solve +), e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisa para o seu financiamento operativo e para mellorar os seus niveis de competitividade, fortalecendo, deste xeito, a estrutura financeira das pemes galegas.
O prazo de presentación das solicitudes comezará o 22 de setembro e finalizará o 30 de decembro de 2010.
Máis información:
|
|
| Última actualización ( 22/09/2010 ) |

