|
O IGAPE lanza ExportGalicia como instrumento para apoiar a internacionalización das empresas |
|
O Instituto Galego de Promoción Económica ven de lanzar exportgalicia.com, un novo portal web para dar apoio á internacionalización das empresas galegas, das asociacións de empresarios galegas e das asociacións de empresarios galegos no exterior.
Deste xeito, estará o alcance de todos a información máis actualizada sobre a operativa e práctica do comercio exterior.
|
|
|
Apoios do IGAPE á internacionalización |
|
O IGAPE asiste aos empresarios nas diferentes fases do proceso: na análise da propia capacidade de internacionalización, na elaboración dos estudos de produtos e mercados, na superación das barreiras idiomáticas ou na exportación con seguridade.
|
|
Última actualización ( 19/11/2008 )
|
|
|
Autodiagnóstico para a peme |
|
Este instrumento interactivo permite ás pequenas e medianas empresas obter un diagnóstico sobre a súa situación para iniciar a apertura cara o exterior (internacionalización).
|
|
Última actualización ( 23/07/2008 )
|
|
|
Buscador de estudos de mercado |
|
A través desta base de datos o empresario/emprendedor pode dispoñer de información previa respecto a potenciais mercados exteriores, en aspectos como perfil do país, sector do produto a exportar, demanda interna, prezos, canles de comercialización, custos publicitarios, normativa tributaria e legal etc.
|
|
Última actualización ( 16/09/2008 )
|
|
|
A través desta aplicación, o emprendedor ou empresario pode coñecer todas as oportunidades comerciais dispoñibles en terceiros países.
|
|
Última actualización ( 16/09/2008 )
|
|
|
Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega |
|
|
Oportunidades de negocio internacionais |
|
O Instituto Español de Comercio Exteriror (ICEX) ofrece a emprendedores e empresarios a posibilidade de dispoñer de información relativa a demandas de importadores, distribuídores ou usuarios finais estranxeiros; oportunidades de investimento e privatizacións; licitacións de obras, subministros e servizos en países industrializados e oportunidades de negocio con financiación multilateral.
|
|
Última actualización ( 16/09/2008 )
|
|
|
Interpretación telefónica |
|
O IGAPE pon a disposicion das empresas galegas un servizo de interpretación telefónica para facilitar a comunicación co exterior sen a barreira dos idiomas.
|
|
Última actualización ( 16/09/2008 )
|
|
|