| Redes Sociais. |
|
A UNED PONFERRADA organiza o curso "que son e para que serven as redes sociais? co obxectivo de que, mediante un núcleo forte de persoas que se comprometan a compartir as súas experiencias e achados na optimización das Redes Sociais, os asistentes adquiran competencias inicialmente dende un enfoque xeral e introdutorio e, a continuación, máis concreto en dúas áreas como son o Desenvolvemento Territorial e o Marketing Dixital.
Este curso de verán está dirixido a estudantes, investigadores ou profesionais motivados pola metodoloxía do Análise das Redes Sociais.
Podes descargar o temario aquí. Celebrarase dende o 11 ao 15 de Xullo do 2011 co seguinte formato:
12 sesións teóricas de 2 horas e 1 mesa redonda.
Terá lugar no CENTRO UNED A CORUÑA, C/ Pepín Rivero, 3 15011 A Coruña. Máis información:
HORAS LECTIVAS: 35 CRÉDITOS: 1.5 créditos ECTS (Graos), 3 créditos de libre configuración (Licenciaturas, Enxeñerías e Diplomaturas) e 3 créditos do Ministerio (Profesores de Ensinanzas Regradas previas a Universidade). O curso emitirase por videoconferencia aos centros da UNED de:
A Coruña, Asturias-Gijón, Ferrol, Foz, Lalín, Monforte de Lemos, Tui, Viveiro, Lugo y Pontevedra. UNED A CORUÑA C/ Pepín Rivero, 3 15011 A Coruña T.: 981 145 051 F.: 981 145 960 secretaria[arroba]a-coruna.uned.es |
|
| Última actualización ( 10/06/2011 ) |

