Novas UPD Coordina Local
Xornada Igape
O próximo 19 de decembro preséntase, no Parque Tecnolóxico de Galicia, a xornada sobre INCENTIVOS E AXUDAS Á INNOVACIÓN DAS PEMES, na que o Director Xeral do IGAPE, Javier Aguilera, comentará as Iniciativas Empresariais en Ourense, dentro do marco do Plan Impulsa Ourense.
Ademais, nesta xornada comentaranse os instrumentos financeiros de capital risco, coma o Fondo Xes-innova e o financiamento de proxectos de investigación a través do programa FEDER INTERCONECTA GALICIA.
Ademais, nesta xornada comentaranse os instrumentos financeiros de capital risco, coma o e o financiamento de proxectos de investigación a través do programa .
Nesta xornada, explicaranse tamén as axudas e servizos á innovación e á competitividade que o IGAPE porá en marcha a partir de xaneiro.
Para asistir á Xornada Técnica é preciso facer a preinscrición na páxina web do Igape (http://xornadas.igape.es/xornada-tecnica-igape-incentivos-e-axudas-a-innovacion-das-pemes-2.html) ou chamando ao teléfono de contacto.
Mais información:
Comunicación peche antiga aplicación XATEMPREGO
Comunicámosvos que a partir do vindeiro venres, 2 decembro, a antiga aplicación XATEmprego xa non estará operativa, polo que non teredes acceso á mesma.
A nova aplicación, que se presentou no mes de outubro durante as xornadas do DIA EMPRENDEDOR, porase en funcionamento nos vindeiros días, e avisarásevos por correo electrónico e publicación na nosa web cando estea operativa e como acceder á mesma.
Nestes días en que non tedes acceso procederase ao gardado dos datos que teñades na antiga aplicación para que, ao acceder á nova, poidades dispoñer dos mesmos.
Recordade que, para poder acceder á nova aplicación, deberedes cumprir os requisitos relacionados coa protección de datos que se comentaron nas xornadas:
dando de alta os ficheiros relativos aos datos do Axente de Emprego e os datos dos participantes nas accións de asesoramento e tarefas que desenvolvades
Foro Empresarial de Boiro
A ASOCIACIÓN BOIRENSE DE EMPRESARIOS organiza o Foro Empresarial Boirense adicado á Investigación Biomédica en España a cal é de gran trascendencia para a saúde e a vida dos cidadáns e un atractivo nicho de negocios.
Vai destinado ao público en xeral e celebrarase o 13 de decembro de 2011 ás 20:00 horas no Salón de Actos da Cachada. Boiro. A Coruña.
Presentación Mapa de Destinos Turísticos de Galicia. Xeodesitnos
O próximo 30 de novembro preséntase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o MAPA DE DESTINOS TURÍSTICOS DE GALICIA, XEODESTINOS.
Tal e como se recolle na Lei de Turismo de Galicia 7/2011 do 27 de outubro, no seu artigo 23 enténdese por  Xeodestino  as áreas ou os espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homexeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto á súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular.
Os  xeodestinos  terán un especial protagonismo nas accións de promoción turística da Administración autonómica. Poderán ser utilizados, logo da súa creación, tanto por entidades públicas como privadas, sempre dentro da marca turística global  Galicia  e sen que se poidan utilizar como nome comercial, rótulo de establecementos ou vehículos e marcas de bens e servizos.
Mais información:
Secretaría Xeral para o Turismo.
Telf. 981 546 353
email: pilar.parcero.castro[arroba]xunta.es
Feira do Coñemento - Cámara de Comercio de Ourense.
A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense convoca a “II Xornada Proxecto Feira do Coñecemento – Cámara Ourense”, co obxectivo de acercar os Centros Tecnolóxicos e de Investigación ás Pemes da provincia de Ourense.
Neste caso contaremos coa presenza de dous centros de coñecemento: ITG (Centro Tecnolóxico de Galicia) e CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións).
Nesta segunda fase do Proxecto, as empresas terán a posibilidade de reunirse con cada un dos Centros Tecnolóxicos e de Investigación para tratar o seu caso de forma personalizada.
Seminario de Motivación Emprendedora
O Centro Asociado da UNED Pontevedra en colaboración con BIC Galicia organizan o  Seminario de Motivación Emprendedora  co obxectivo de difundir a xeración de ideas empresariais e romper mitos sobre a figura do/a emprendedor/a mostrando experiencias persoais de emprendedores/as galegos/as e incentivando a desenvolvemento dun proxecto empresarial.
Vai destinado a desempregados/as, traballadores/as en activo, estudantes, técnicos/as de emprego e público en xeral.
Seminario Motivación Emprendedora
A Fundación Ferrol Metrópoli  (http://www.ferrolmetropoli.org/)e BIC GALICIA organizan o  Seminario de Motivación Emprendedora  cos seguintes obxectivos:
· Fomentar o espíritu emprendedor
· Ver o autoemprego como unha opción máis.
· Expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial.
· Romper co mito da definición do concepto de empresario.
· Explicar con que recursos e ferramentas se pode contar dende o BIC Galicia, para aquelas persoas que están pensando en emprender.
Xeración e Maduración de Ideas
Vai destinado a traballadores/as en desemprego e en activo, sexan ou non empresarios e estudantes maiores de 16 anos.
Celebrarase os días 25, 29 de novembro, e o 2 de decembro de 2011.
O horario é de 16:30 á 21:30 e impartirase no Edificio Escola Obradoiro, Subida ao Regatiño, s/n – Goián, 36750 TOMIÑO.
III Premio Xoven Empresario Lugo
A Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo-AJE LUGO convoca o III Premio Xoven Empresario de Lugo.
Dita convocatoria ten como obxectivos:
- Fomentar a cultura empresarial.
- Apoiar e estimular aos novos emprendedores.
- Promover o autoemprego e a creación de empresas entre a sociedade lucense.
- Ser foro de debate de ideas empresariais.
- Colaborar no desenvolvemento do noso contorno.
- Propiciar o intercambio de experiencias empresariais entre os  mozos empresarios.
Saúde Ambiental
- Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.
- Establecer un foro de debate e estudo da situación ambiental da Comarca da Paradanta, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sostibilidade.