| Seminario: Aspectos básicos das Empresas de Inserción |
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar organizan o seminario Aspectos básicos das Empresas de Inserción.Este curso gratuíto, que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de outubro, unicamente conta con 15 prazas.
O prazo de inscrición remata o próximo xoves 21 de outubro.
O seminario está dirixido aos profesionais das diferentes Administracións Públicas e entidades de iniciativa social especializados na inclusión social, os servizos sociais e o emprego.
E os seus obxectivos principais son os seguintes:
-Sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia.
-Facilitar a relación dos técnicos de inclusión social, servizos sociais e emprego coas empresas de inserción laboral e coas súas entidades promotoras.
-Unificar criterios e procedementos na análise e acreditación das situacións de exclusión social determinantes da incorporación a unha empresa de inserción laboral.
-Apoiar a creación de novas empresas de inserción en Galicia.
Nota informativa: o día 26 o seminario terá lugar en Santiago de Compostela, está por determinar o lugar de celebración dos días seguintes (ofrecerase o máis próximo posible en función das solicitudes de inscrición).
Descargar o Programa do Seminario
Cristina Varela Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) Avenida de Lugo nº. 219 baixo, 15703, Santiago de Compostela Tfno.: 881 957 452 Fax: 881 957 452 |
|
| Última actualización ( 15/10/2010 ) |

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar organizan o seminario Aspectos básicos das Empresas de Inserción.