| Seminario Gratuíto de Formación "Internet como instrumento para a investigación de mercados" |
A Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, organiza diversos seminarios de formación gratuíta que se desenvolverán no vindeiro mes de setembro. O primeiro tratará sobre internet e a investigación de mercados e terá lugar os días 9 e 10. As prazas son limitadas, 15, polo que hai que se inscribir para participar.Istos seminarios, organizados por AEMOS dentro do seu Plan de Formación Continua, contan coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), BIC-Galicia e mailo Concello de Mos e están dirixidos, en principio, a Directivos, Empresarios e Profesionais Independentes.
Os seguintes seminarios serán os de "Análise da Competencia" e "Apoio á toma de decisións", tamén con plazas limitadas.
O obxectivo dos seminarios é o de aumentar os coñecementos dos empresarios e profesionais independentes en materia de xestión comercial e empresarial, mellorando as súas habilidades de xeito efectivo dentro da empresa.
O primeiro destes cursiños será o de "Internet como instrumento para a investigación de mercados", que terá lugar os días 9 e 10 de setembro en horario de tarde, de 18.30 a 21.30hs, e que se celebrará nas dependencias da Asociación de Empresarios de Mos, sita na Estrada de Peinador nº41, en Mos.
A finalidade que persegue o seminario é o de capacitar ó alumnado para analizar e valorar a conveniencia de desenvolver un negocio en Internet, realizar unha diagnose do seu posicionamento actual e dar a coñecer as medidas necesarias para situar unha empresa en Internet.
Programa
1. Fundamentos do Comercio Electrónico. 2. Tipos de Comercio Electrónico: B2B, B2C, B2A. 3. Funcionamento do Comercio Electrónico. 4. Empresas e usuarios na rede. Os mellores. 5. DAFO do Comercio Electrónico na empresa. 6. Vantaxes e inconvenientes. 7. O novo marco para os conflitos na canle. 8. O asociacionismo. 9. Negocios na rede. 10. Os modelos de negocio a seguir: -Convivencia do modelo dixital co modelo existente. -O modelo de negocio independente. -O Plan de Negocio. 11. Antecedentes do negocio. 12. O produto. 13. O Mercado. 14. Aspectos técnicos. 15. Servidores. 16. Seguridade. 17. Investimento necesario. 18. Planificación da posta en marcha. 19. Estudo económico-financeiro. Para máis información: AEMOS Departamento de Formación de AEMOS
Telf: 986 49 88 20
e-mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 05/08/2009 ) |

