| Seminario "Introdución á calidade na PEME: SXC e Auditorías" no Polígono do Ceao |
A Asociación de Empresarios do Ceao, en colaboración con BIC Galicia, organiza un novo seminario dirixido a persoal e xerentes de pequenas e medianas empresas, profesionais independentes e responsables de calidade na empresa.O seminario intégrase nas accións de Formación Continua que veñen organizando as dúas entidades e que terán lugar ó longo dos meses de setembro e outubro na sede da Asociación de Empresarios do Ceao no Polígono do Ceao, en Lugo.
"Introdución á calidade na PEME: SXC e Auditorías" é o primeiro desta serie de seminarios e celebrarase dende o 28 de setembro e ata o 1 de outubro en horario de tarde. Seminario de carácter gratuito que terá un aforo de 20 participantes, podendo inscribirse ata dúas personas por empresa.
A organización deste curso nace da necesidade de responder a tres obxectivos básicos: identificar os procesos fundamentais da empresa, coñecer as principais ferramentas de xestión da calidade e familiarizar ós/ás participantes cos sistemas de xestión da calidade basados na norma ISO 9000 e no modelo EFQM.
Contidos do seminario
1.- Introdución á calidade:
-Qué é calidade?
-Por qué implantar calidade?
-Cómo implantar calidade?
-Normas ISO 9000 e Modelo EFQM
-Qué beneficios achega ter un Sistema de Calidade?
2.- Sistema de Xestión da Calidade UNE-EN ISO 9001:2000
-Estrutura e contido
-Implantación
3.- Ferramentas de xestión
4.- Realización de Auditorías:
-Planificación
-Execución
-Informe final e seguimento
Mestres: Raquel Piñeiro e Yago Ricoy
Datas celebración: 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro.
Horario: de 19:00 a 21:00
Lugar de impartición: Asociación de Empresarios do Ceao.
Rúa Leiteiras s/n
Polígono do Ceao, Lugo.
Información e reserva de praza:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 982 209 745
|
|
| Última actualización ( 21/09/2009 ) |

