| Seminario "Organización e Dirección de empresas" no Polígono do Ceao en Lugo |
A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao organiza un novo seminario, en colaboración con BIC Galicia, dentro do seu Ciclo de Formación Continua.Baixo o título de "Organizacion e Dirección de Empresas", o cursiño persegue potenciar as habilidades dos participantes para planificar e organizar o funcionamento dunha empresa, ademais de priorizar e aproveitar as oportunidades da empresa e do seu ámbito de actuación.
Dirixido ó persoal e xerentes de Pequenas e Medianas empresas, ademais de a profesionais independentes, o seminario tamén está aberto a tódolos interesados. O curso celebrarase o vindeiro 14 de outubro en horario de tarde e, para participar na xornada de formación, haise que inscribir cunha semana de antelación.
A xornada de formación está organizada para impartir a un grupo de entre 15 e 20 asistentes, podendo participar ata dúas persoas por empresa. Trátase dun seminario gratuíto realizado coa colaboración de BIC Galicia.
O curso celebrarase na sede da Asociación de Empresarios do Ceao, sita no Polígono Industrial do Ceao, en Lugo.
Contidos
1.-A importancia de ter un obxectivo claro.
2.-A organización de tarefas, como priorizar.
3.-Organización e xestión do tempo.
4.-Xestión de equipos eficaces. Comunicación.
Data: 14 de outubro, mércores
Horario: de 17:00h. a 21:00 horas.
Información e reserva de praza:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 982 209 745
|
|
| Última actualización ( 02/10/2009 ) |

