| Seminario para a difusión da creación de empresas en Fene |
O xoves 14 de outubro terá lugar, de 10:00 a 13:00 h., na Casa da Cultura do Concello de Fene (Avda. Conces 20-22) un seminario para a difusión da creación de empresas que leva por título ¿Necesitas impulso?O obxectivo desta sesión é achegar aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.
A metodoloxía baséase nas experiencias do Banco de Proxectos Empresarias de BIC Galicia, unha extensa base con preto de 200 experiencias de emprendedores galegos.
Máis información e inscricións:
Mª Belén Souto Calvete
Concello de Fene
Avda. do Concello s/n. 15500 Fene
Tfno.: 981 492 767
|
|
| Última actualización ( 29/09/2010 ) |

O xoves 14 de outubro terá lugar, de 10:00 a 13:00 h., na Casa da Cultura do Concello de Fene (Avda. Conces 20-22) un seminario para a difusión da creación de empresas que leva por título ¿Necesitas impulso?