| Seminario sobre financiación de proxectos de I+D+i consorciados en Santiago de Compostela |
Co obxectivo de analizar e describir o procedemento axeitado para acceder ó financiamento público de proxectos de I+D+i, BIC Galicia organiza o obradoiro "Fondos Tecnolóxicos: estratexia a seguir para o financiamento de grandes proxectos de I+D+i consorciados" que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 2 de decembro.BIC Galicia é un dos organismos cos que conta a Consellería de Economía e Industria para fomentar e facilitar a actividade emprendedora, así como a competitividade das empresas galegas. Dando cumprimento a estes obxectivos, o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), organiza este seminario para fomentar a cultura da cooperación no eido da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, promovendo de xeito especial unha maior participación das PEMES en proxectos asociativos de diferente envergadura.
Cunha metodoloxía mixta teórico-práctica, ó longo da xornada destacados profesionais describirán o procedemento xeral para acceder a este tipo de fondos, utilizando como soporte o Manual para a presentación de proxectos consorciados, dentro do Programa Operativo de I+D+i Fondo Tecnolóxico. Os asistentes poderán participar nunha dinámica de grupo para realizar un caso práctico de constitución dun proxecto consorciado.
PROGRAMA
10:00‐10:15h. Recepción de asistentes e entrega de documentación
10:1510:30h. Apertura e presentación do seminario 10:3011:00h. Financiamento CDTI a proxectos empresariais de I+D+i. Actuacións xerais do CDTI no marco da I+D+i. Carlos Ignacio Franco Alonso, Departamento de Coordinación e Dinamización do CDTI‐ Dirección de Tecnoloxía. 11:0011:30h. Presentación do Fondo Tecnolóxico. Estratexia a seguir para a presentación de proxectos consorciados a este tipo de axudas. Rubén Leboreiro Amaro, Director de COA Innovación, S.L. 11:3012:00h. Pausa‐café 12:0013:30h. Caso práctico de constitución dun proxecto de cooperación: dinámica de grupo. 13:3014:00 h. Debate coloquio Data: 2 de decembro do 2009.
Horario: 10:00 a 14:00h.
Lugar: Hotel Puerta del Camino. Santiago de Compostela.
|
|
| Última actualización ( 23/11/2009 ) |

