| Seminario sobre "Oportunidades de financiamento de proxectos empresariais de I+D+i" en Compostela |
Co obxectivo de capacitar ós asistentes para a identificación e xestión da innovación e da tecnoloxía nas súas organizacións, a Fundación Empresa Universidade Galega, FEUGA, organiza un novo seminario de formación específica centrado no financiamento dos proxectos de I+D+i.Unha xornada na que se pretende achegar ós participantes o coñecemento das axudas dispoñibles na actualidade e as estratexias idóneas de presentación de solicitudes para o financiamento de proxectos empresariais de I+D+i.
Organizada en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, CDTI, o obradoiro celebrarase o vindeiro 17 de novembro na sede do FEUGA, sita en Santiago de Compostela. A xornada desenvolverase cunha metodoloxía mixta teórico-práctica, aplicando dinámicas de grupo nas que se porán en marcha casos prácticos.
O Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, CDTI, é unha Entidade Pública Empresarial, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas.
O obradoiro vai dirixido a empresarios/as, xerentes e directivos; mandos intermedios, técnicos e profesionais das áreas de proxectos, enxeñería e I+D+i; persoal docente e investigador; consultores e auditores, así como a calquer persoa interesada na xestión da I+D+i.
Programa
09.45 h Recepción de asistentes e entrega de documentación
10.00 h Apertura e presentación 10.15 h Aspectos xerais da I+D 11.00 h Financiamento público da I+D. Novidades 12.15 h Pausa - café 12.45 h Simulación das alternativas de financiamento dun proxecto de I+D. Caso práctico 14.15 h Debate - Coloquio 14.30 h Descanso para comida 16.00 h Caso práctico de constitución dun proxecto consorciado. Data: 17 de novembro de 2009
Horario: 10.00 a 18.30 h Lugar: Edificio FEUGA Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Universitario Sur Santiago de Compostela |
|
| Última actualización ( 04/11/2009 ) |

