| Seminario sobre "Política de xestión de cobramentos e pagamentos" na Estrada |
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada organiza, en colaboración con BIC Galicia, unha nova xornada de formación sobre "Política de Xestión de Cobramentos e Pagamentos" dirixido a traballadores/as en activo.Na xornada, que será gratuíta, poderán participar persoal e xerentes de PEMES, así como profesionais independentes interesados no tema a tratar. O obxectivo deste novo seminario é o de ofrecer ós e ás participantes os coñecementos necesarios para dominar os conceptos básicos de equilibrio na tesourería.
O seminario celebrarase o vindeiro 17 de outubro en horario de mañá na sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, cun aforo limitado a 20 participantes.
Co obxectivo de ensinar ós alumnos a xestionar de xeito excelente o sistema de pagamentos e cobramentos na empresa, o seminario terá unha duración de catro horas, de 9:30 a 13:30 horas.
Contidos do seminario
1.- A función financeira e a xestión da tesourería na PEME. Conceptos básicos.
2.- Os orzamentos de tesourería.
3.- Medios de cobramento e pagamento.
4.- A mecanización da tesourería.
Máis información:
Teléfono: 986 573 406
|
|
| Última actualización ( 29/09/2009 ) |

