| Seminario sobre produtos básicos Igape para emprendedores en Pontevedra |
Na Delegación da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra tivo lugar un novo seminario sobre "produtos básicos Igape para emprendedores", que organizan o propio Instituto Galego de Promoción Económica e a UPD Coordina Local. Estes encontros, que se veñen celebrando en diferentes puntos de Galicia, teñen por obxectivo difundir entre os axentes de emprego e desenvolvemento local as axudas do Igape para emprendedores e as liñas de financiamento para empresas. Nesta xuntanza de Pontevedra participaron doce axentes de emprego. Santiago, 2 de outubro de 2008.- Técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Consellería de Economía e Facenda, reuníronse hoxe con axentes de emprego de varios concellos e entidades de Pontevedra para mellorar e ampliar os seus coñecementos sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento dispoñibles para as empresas. O obxectivo destes encontros, que están a ter lugar en diferentes puntos de Galicia, é familiarizar aos axentes con estas ferramentas, para que fagan chegar esta información aos emprendedores e empresarios da súa zona de influencia, e manter ou mesmo incrementar así o dinamismo na actividade das pemes xa existentes e as de nova creación, unha iniciativa que se considera de especial interese tendo en conta a actual situación económica. Nesta xuntanza de traballo de Pontevedra participaron unha ducia de axentes que traballan en diversas entidades e concellos da provincia. Entre eles os procedentes de A Lama, Caldas de Reis, Vilagarcía e Vigo, ademais dos que se ubican en diferentes entidades con sede na propia cidade do Lérez. UPD Coordina Local A planificación, programación e organización destas reunións (serán 10 en total, por tota Galicia, a celebrar entre esta semana e a que ven) corresponde á Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, un grupo de traballo impulsado conxuntamente por IGAPE-BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, e a Consellería de Traballo. A tarefa fundamental desta UPD é difundir as ferramentas e servizos para apoiar a creación de empresas e a súa consolidación. Neste sentido, coordina e asesora aos axentes de emprego en relación con iniciativas como as actividades formativas de BIC Galicia, que buscan desde difundir a cultura da creación de empresas ata favorecer a maduración de ideas de negocio e a planificación e a xestión empresariais. |
|
| Última actualización ( 07/10/2008 ) |

Na Delegación da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra tivo lugar un novo seminario sobre "produtos básicos Igape para emprendedores", que organizan o propio Instituto Galego de Promoción Económica e a UPD Coordina Local. Estes encontros, que se veñen celebrando en diferentes puntos de Galicia, teñen por obxectivo difundir entre os axentes de emprego e desenvolvemento local as axudas do Igape para emprendedores e as liñas de financiamento para empresas. Nesta xuntanza de Pontevedra participaron doce axentes de emprego.