| Seminarios de Formación presencial de BIC Galicia na Asociación de Empresarios do Ceao |
BIC GALICIA, coa colaboración da Asociación de Empresarios do Ceao, Lugo, impartirá catro seminarios de formación continua ó longo dos meses de setembro e outubro. Os cursiños celebraranse na sede da asociación de Empresarios do Ceao.Seminarios que centran os seus contidos no avance e mellora das habilidades necesarias para traballar de xeito efectivo dentro dunha empresa. Están dirixidos a empresarios, profesionais independentes, autónomos e técnicos responsables en empresas que desexen obter coñecementos para o avance empresarial.
Os seminarios serán gratuítos e se realizan para grupos de entre 15 e 20 persoas, podendo asistir ata dúas persoas por empresa.
Xa que o número de asistentes está limitado, ata 20 como máximo, a inscrición en cada seminario poderase facer ata unha semana antes da súa realización.
Os cursiños celebraranse na sede da Asociación de Empresarios do Ceao, no Polígono Industrial do Ceao en Lugo.
Impartiranse catro cursos:
1.- Introducción á calidade da PEME: SGC e auditorías. Do 28 de setembro ó 1 de outubro en horario de tarde.
2.- Organización e Dirección de Empresas. Celebrarase o 14 de outubro.
3.- Diversificación de Produtos e Servizos. Terá lugar o 20 e 21 de outubro en horario de tarde.
4.- Produtos financeiros e financiamento da PEME. En horario de tarde os días 27 e 28 de outubro.
Para máis información e inscricións:
|
|
| Última actualización ( 03/09/2009 ) |

BIC GALICIA