| Seminarios de Mellora Empresarial para a Hostalería e o Comercio en Sada |
Organizados polo BIC Galicia e mailo IGAPE en colaboración co Concello de Sada, os seminarios están dirixidos a empresarios, autónomos e empregados do sector hostaleiro, así como a xerentes e traballadores do pequeno comercio.Dúas serán as xornadas formativas que se celebrarán neste mes de setembro: As obrigas tributarias dun negocio de hostalería e Deberes tributarios do pequeno comercio. Ámbalas dúas terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns a partir das 20.00hs.
Preténdese coa celebración dos seminarios aumentar os coñecementos sobre os deberes tributarios existentes que deben cumprir ás empresas destes sectores, ademais de introducir os criterios de decisión básicos para saber escoller correctamente as opcións legais máis convenientes para a empresa. Un dos puntos máis destacados será a contextualización da empresa dentro do sistema tributario español.
Os seminarios son gratuítos e contan cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas deberán facer unha inscrición previa na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada; inscrición que rematará o vindeiro 18 de setembro.
Seminarios
1. As Obrigas Tributarias dun Negocio de Hostalería Data: 28 de setembro de 2009 Horario: 20:00 a 22:00 horas. Dirixido a: Empresarios, autónomos e empregados de hostalería. 2. Deberes Tributarios do Pequeño Comercio. Data: 30 de setembro de 2009. Horario: 20:00 a 22:00 horas. Dirixido a: Xerentes e empregados do pequeno comercio. Programa e obxectivos comúns para ambos seminarios: Obxectivos: Contextualizar a empresa no sistema tributario español. Coñecer os diferentes deberes tributarios existentes. Introdución de criterios de decisión para escoller as opcións legais máis convenientes para a organización. Programa: 1. Características, elementos e liquidacións de impostos. 2. Clasificación de impostos: a. Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) b. Imposto sobre sociedades (I.S.) c. Imposto sobre o valor engadido (I.V.E.) d. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. e. Imposto sobre actividades económicas (I.A.E.) 3. Taxas. 4. Contribucións especiais Para máis información:
Teléfono: 981 18 99 53// 981 62 00 75
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 09/09/2009 ) |

