| Subvencións para a contratación de AEDLS polas entidades locais |
![]() Hoxe sae publicada no DOG a Orde do 7 de setembro de 2010 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2010.
O obxecto desta convocatoria é a promoción e configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local.
Poderán solicitar estas subvencións as entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 15/10/2010.
Máis información:
|
|
| Última actualización ( 16/09/2010 ) |

