| Técnicos do Igape e axentes de emprego da provincia de Lugo colaboran na súa dinamización económica |
O Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu unha xuntanza de técnicos do Institito Galego de Promoción Económica, da Consellería de Economía e Facenda, con axentes de emprego e técnicos de promoción económica da provincia, na que tamén participaron membros da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local. Esta reunión serviu para analizar as axudas que o IGAPE ten habilitadas tanto para as iniciativas emprendedoras como para as pemes que xa están funcionando.Santiago, 1 de outubro de 2008.- Técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Consellería de Economía e Facenda, reuníronse hoxe en Lugo con axentes de emprego da provincia para mellorar e ampliar os seus coñecementos sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento dispoñibles para as empresas. O obxectivo destes encontros, que están a ter lugar en diferentes puntos de Galicia, é familiarizar aos axentes con estas ferramentas, para que fagan chegar esta información aos emprendedores e empresarios da súa zona de influencia, e manter ou mesmo incrementar así o dinamismo na actividade das pemes xa existentes e as de nova creación, unha iniciativa que se considera de especial interese tendo en conta a actual situación económica. Nesta xuntanza de traballo de Lugo participaron un total de 25 axentes que traballan en diversas entidades e concellos da provincia. Entre eles, os procedentes de Antas de Ulla, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Vilalba, A Fonsagrada, Abadín, Baleira ou Monterroso, ademais dos da propia capital. Coordina Local A planificación, programación e organización destas reunións (serán 10 en total, por tota Galicia, a celebrar entre esta semana e a que ven) corresponde á Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, un grupo de traballo impulsado conxuntamente por IGAPE-BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, e a Consellería de Traballo. A tarefa fundamental desta UPD é difundir as ferramentas e servizos para apoiar a creación de empresas e a súa consolidación. Neste sentido, coordina e asesora aos axentes de emprego en relación con iniciativas como as actividades formativas de BIC Galicia, dispoñibles para tódolos técnicos e emprendedores, e que buscan desde difundir a cultura da creación de empresas ata favorecer a maduración de ideas de negocio e a planificación e a xestión empresariais. |
|
| Última actualización ( 03/10/2008 ) |

O Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu unha xuntanza de técnicos do Institito Galego de Promoción Económica, da Consellería de Economía e Facenda, con axentes de emprego e técnicos de promoción económica da provincia, na que tamén participaron membros da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local. Esta reunión serviu para analizar as axudas que o IGAPE ten habilitadas tanto para as iniciativas emprendedoras como para as pemes que xa están funcionando.