| Turismo Accesible |
|
A Mancomunidade de Municipios da ría de Arousa zona Norte e Polibea Turismo organizan o "Curso de Formación en Turismo Accesible" co obxectivo de concienciar ós asistentes da necesidade dun modelo de xestión que contemple a accesibilidade como criterio de calidade e sensibilizar ó sector empresarial sobre a importancia do papel que representan como actores facilitadores da accesibilidade no destino.
Vai dirixido a empresarios do turismo rural. Celebrarase os días 8, 9 e 10 de novembro do 2011 en horario de 17.00 h a 20.00 h, no Concello de A Pobra do Caramiñal. O nº de prazas é de 20 e a inscrición é gratuíta e adxudicaranse as prazas por orde de inscrición.
Máis información: Se precisan máis información poden contactar ca Mancomunidade de Municipios Arousa Norte a través de: correo[arrroba]arousa-norte.es de luns a venres en horario de 8.00 h á 15.00 h. http://www.arousa-norte.es/ T. 981 845 236 F. 981 849 925 |
|
| Última actualización ( 28/10/2011 ) |

