| Uniemprende organiza o curso "Marketing e Técnicas de Vendas" |
A Escola de Negocios Uniemprende (ENU), responsable da formación do Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza unha nova acción formativa co cursiño "Marketing e Técnicas de Vendas".O curso inclúese no marco do programa de actividades formativas do 2009 da Escola de Negocios Uniemprende e está dirixido a emprendedores, técnicos de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado neste eido empresarial.
Un seminario que se celebrará na Aula de Formación do Edificio Cáctus da USC, no Campos Sur, os días 23 e 24 de setembro en horario de mañá e tarde ata completar un total de 16 horas lectivas. A data límite para se inscribir é o 14 de setembro.
Vivimos nun entorno económico altamente competitivo que obriga ás empresas a facer un esforzo especial para acadar a satisfacción das necesidades dos clientes. Pero conseguilo só é posible aplicando con rigor e profundidade as diferentes ferramentas estratéxicas das que dispón o Marketing, que aportan ás pemes unha visión dinámica e actual, o que lles permite dar respostas prácticas aos permanentes retos do mercado. Se unha empresa desexa optimizar a relación cos seus clientes e detectar de forma rápida e eficaz as súas necesidades e preferencias, debe contar con profesionais que sexan capaces de implantar unha axeitada Política de Marketing, que favoreza a adecuación dos produtos e servizos da empresa coas esixencias do mercado.
Para isto, este profesional debería ter amplos coñecementos en áreas tan diversas como a investigación de mercados, as catro ps do márketing, a retención e fidelización de clientes e as técnicas de venda. Con estes obxectivos de formación tan claros, tras a finalización do seminario o alumno será capaz de elaborar un completo Plan de Marketing e establecer as políticas máis axeitadas en cada caso de Produtos, Prezos, Distribución e Comunicación, ademais de saber elaborar estratexias de Retención e Fidelización de clientes.
Programa completo (16 horas lectivas):
1.- Introducción á Dirección de Marketing
2.- Investigación de Mercado 2.1. Obxectivos da investigación comercial 2.2. Técnicas de investigación comercial cualitativas 2.3. O informe da investigación de mercados 3.- As Catro Ps do Marketing 3.1. O Produto 3.2. O Prezo 3.3. A Comunicación 3.4. A Distribución 4.- Retención e Fidelización de Clientes 4.1. Plan de Marketing basado no Cliente 4.2. Valor e Fidelización de Clientes 4.3. Xestión da relación con clientes: CRM 5.- Técnicas de Venda 5.1. O Proceso de Vendas 5.2. O Proceso de Negociación 5.3. Perfil e habilidades do Vendedor 5.4. A Planificación das Vendas O número de prazas é limitado e o custo do curso será de 150 para a comunidade universitaria e de 175 para o público en xeral.
Información e Inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 981 56 31 00, extensión 16258.
|
|
| Última actualización ( 04/09/2009 ) |

