| Xornada A Promoción Económica mediante o uso de Blogs na Coruña |
Hoxe, 15 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h. terá lugar na Coruña a Xornada A Promoción Económica mediante o uso de Blogs, organizada pola UPD Coordina Local · BIC Galicia.Esta acción formativa ten como obxectivo que os técnicos de emprego, axentes de desenvolvemento local e outros técnicos de promoción económica obteñan os coñecementos básicos para crear e desenvolver un blog. Tamén se verán distintos exemplos prácticos de blogs de promoción económica, distintas aplicacións de carácter gratuíto, e posibles temáticas que se poderían tratar con estas ferramentas web.
Estas accións forman parte do programa formativo da UPD Coordina Local · BIC Galicia dirixido aos AEDLS e técnicos de promoción económica da comunidade autónoma galega. O devandito programa está composto por un total de 28 xornadas presenciais e un obradoiro on-line que se desenvolverán desde o 15 de outubro ata o mes de decembro. As actividades presenciais terán lugar nos territorios con maior demanda para cada unha das accións:
-A promoción económica mediante o uso de blogs, da que se celebrarán 5 edicións na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.
-Emprendendo terá lugar unicamente en Ourense, tras celebrarse varias xornadas no resto da comunidade autónoma nos meses de decembro de 2009 e xuño e xullo de 2010.
-A titorización de proxectos a emprendedores organizaranse 5 xornadas na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago.
-O curso sobre Proxectos de Cooperación rexional, nacional e europeos contará tamén con 5 xornadas, que se celebrarán nas mesmas poboacións.
-As 5 xornadas sobre Planificación Turística do territorio terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Compostela.
-A actividade sobre Organización de eventos, loxística e comunicación terá lugar en Lugo, Pontevedra e Santiago.
-O curso O diagnóstico e a xestión financeira celebrarase na Coruña, Lugo, Pontevedra e Santiago.
-O obradoiro A realización dunha Análise socioeconómica do territorio, que se realizará na modalidade on-line.
De feito, o Campus Virtual de BIC Galicia dará soporte non só ao obradoiro on-line, senón tamén aos cursos presenciais, posibilitando que todo o alumnado poida acceder aos materiais empregados nas xornadas, como os manuais, as presentacións, ou as ligazóns de interese.
No devandito Campus Virtual de BIC Galicia (www.bicgalicia.es/aedls/) poderán consultar e inscribirse os técnicos de emprego, desenvolvemento local e promoción económica nas novas convocatorias que se farán públicas a finais de ano e das que se informará puntualmente por correo electrónico aos axentes e técnicos, como vén sendo habitual.
|
|
| Última actualización ( 15/10/2010 ) |

Hoxe, 15 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h. terá lugar na Coruña a Xornada A Promoción Económica mediante o uso de Blogs, organizada pola UPD Coordina Local · BIC Galicia.