| Xornada de promoción do Cooperativismo en Ribadavia |
![]() O Concello de Ribadavia organiza unha xornada de difusión e promoción do Cooperativismo como fórmula empresarial que terá lugar este venres, día 23, pola tarde.
Baixo o título "As cooperativas: unha alternativa en tempos de crise", a xornada pretende dar a coñecer a figura da cooperativa como unha alternativa laboral, ademais de explicar polo miúdo que son as cooperativas e os tipos que existen.
Dirixida a emprendedores/as principalmente, e máis ó público en xeral, ó longo desta xornada divulgativa farase un repaso por aquelas empresas recoñecidas que optaron pola fórmula da cooperativa, analizando exemplos prácticos do sector.
A xornada celebrarase no Viveiro de Empresas do Concello de Ribadavia; un relatorio que será gratuíto, sendo necesario inscribirse previamente.
Coa celebración desta xornada divulgativa, a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo do Concello de Ribadavia pretende achegar ós veciños novas fórmulas de emprendemento. Dirixida a persoas con iniciativa ou que estean pensando en crear unha empresa, dende o Concello quérese dar a coñecer a fórmula da cooperativa como unha boa alternativa para o autoemprego.
Programa da Xornada
17:00h. Presentación e reparto de materiais.
17:15h. O cooperativismo como alternativa: que é unha cooperativa e que modalidades existen en Galicia.
Relator: José Gil Facorro, Técnico en Desenvolvemento Rural e Profesor de Agrotecnoloxía e Produción Gandeira.
18:15h. As cooperativas en funcionamento: exemplos prácticos.
Relatora: Pilar López Alves de Amorín, Técnica de Proxectos da Federación de Cooperativas SINERXIA.
19:15h. Ferramentas de mellora na xestión: formación continua e novas tecnoloxías.
Relatora: Raquel Rodríguez López, Investigadora da USC e experta en Formación e Desenvolvemento Local.
20:15h. Clausura e entrega de acreditacións.
Contacto e Inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Viveiro de Empresas "Terras do Avia"
Travesía do Ribeiro, nº3 Baixo
Ribadavia.
Teléfono: 988 472 044
|
|
| Última actualización ( 19/10/2009 ) |

