| Xornada divulgativa sobre Utilidade Empresarial de Internet na Fundación CEL-Iniciativas por Lugo |
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá unha xornada de debate e análise sobre o fenómeno social de Internet e a súa repercursión no sector empresarial. Baixo o título "Web 2.0, ¿moda ou realidade empresarial?" terá lugar unha nova xornada demostrativa do Proxecto Emprende TIC 2009, programa da Fundación CEL que quere achegar aos emprendedores/as e novos/as empresarios/as as tecnoloxías da información e da comunicación. Ó longo da tarde realizarase un percorrido polas ferramentas tecnolóxicas de comunicación máis innovadoras, dende o sms ás redes sociais, analizando o fenómeno da socialización en Internet e a explosión das redes sociais co obxectivo de mostrar a súa utilidade empresarial, así como as súas implicacións sociais, legais e comerciais.
A xornada celebrarase o vindeiro xoves, 22 de outubro, a partir das 19:00 horas. É necesaria inscrición previa.
Cun marcado carácter divulgativo e práctico, o obxectivo da xornada é o de achegar ó sector empresarial os beneficios das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicacion(NTIC). Recoñecidos profesionais das NTIC participarán na xornada.
"As relacións cos nosos clientes non deben limitarse aos ámbitos nos que tradicionalmente nos sentimos máis cómodos. Se os nosos clientes se relacionan entre eles a través de redes sociais, blogs e foros, debemos ir ao seu encontro.
Ao mesmo tempo, os clientes están moitos máis informados que antes, non só das características dos produtos que ofrecemos, senón tamén do carácter da nosa empresa, a súa política corporativa dende o punto de vista social, ecolóxico, etc. Informar os nosos clientes actuais ou potenciais convértese así nunha prioridade. Pero pódese conseguir a través das mesmas ferramentas coas que se comunican entre eles." Programa:
19:00 h: Recepción de asistentes. Entrega de documentación e presentación. 19:15 h: Relatorio: "¿Que é a web 2.0?" a cargo de D. Juan Carlos Díaz Fernández -Innova Galicia Networks Solutions S.L. 19:50 h: Relatorio: "Construción de marca e mercadotecnia relacional a través da Web 2.0" a cargo de D. Mariano Munuera - BAP Interactive 20:25 h: Relatorio: "Redes sociais, ¿Que son?, caso práctico Pleiteando.com" a cargo de D. Rodolfo Alonso Albella - Red Social Jurídica S.L. 21:00 h: Rolda de preguntas. Clausura e sorteo dun disco duro multimedia. Máis información: 902 300 982
Inscrición: enlace |
|
| Última actualización ( 15/10/2009 ) |

