| Xornada informativa sobre a Prevención de Riscos Laborais na empresa, en Ferrol |
A Fundación Ferrol Metrópoli organiza o encontro informativo "Prevención de Riscos Laborais nas empresas" no que se analizará a necesidade de adoptar medidas neste eido no tecido empresarial da comarca. A Fundación Ferrol Metrópoli traballa en prol da formación e a difusión de tecnoloxías e ferramentas de xestión entre as empresas da comarca, participando na planificación estratéxica do Ferrol Metropolitano.Organizada co obxectivo de sensibilizar ó tecido empresarial da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, ó longo da xornada participarán expertos que analizarán a normativa sobre Prevención de Riscos Laborais e a súa aplicación. A participación de profesionais da materia permitit¡rá ós asistentes coñecer casos prácticos e experiencias de éxito de empresas que decidiron incorporar na súa xestión medidas de Prevención de Riscos.
O encontro celebrarase o vindeiro xoves, día 26 de novembro, na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol.
Dar a coñecer aos empresarios/as e aos traballadores e traballadoras da comarca os beneficios directos que achega a inclusión de plans de prevención na empresa, as boas prácticas, as distintas modalidades organizativas ou as obrigas e responsabilidades empresariais en materia de seguridade e saúde laboral son obxectivos desta xornada organizada pola Fundación Metrópoli.
Relatores:
Miguel Martínez Losada, Director do Centro de Seguridade e Saúde da Coruña. As modalidades organizativas de prevención na empresa. A integración da prevención na empresa. A concurrencia de traballadores de varias empresas nun mesmo centro de traballo.
Sonia Pardo Díaz, responsable de Prevención de Riscos Laborais da Confederación de Empresarios de Lugo. Obrigas e responsabilidades empresariais por incumprimentos en materia de seguridade e saúde laboral.
José Ángel Fraguela Formoso, profesor da Universidade da Coruña. Xestión de prevención na empresa. Implantación dun Plan de Prevención de Riscos.
Programa: 16.30 Entrega da documentación e presentación da xornada. 16.35 A prevención na empresa. 18.00 Pausa café. 18.30 Leis sobre Prevención. 20.00 Xestión da Prevención. Seminario gratuíto.
Datas: 26 de novembro de 2009
Horario: 16:30 a 21:30h. Lugar: Fundación Caixa Galicia Praza da Constitución, s/n. Ferrol Inscrición e máis información: Teléfono: 981 350 881
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 23/11/2009 ) |

