| Xornada informativa sobre as novas liñas Re-Brote e Re-Solve do IGAPE en Santiago de Compostela |
Co obxectivo de proporcionar ós directivos empresariais toda a información sobre as posibilidades que lles ofrecen para a mellora dos seus negocios as novas liñas de axudas do IGAPE, Re-Brote e Re-Solve, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza en colaboración co IGAPE a Xornada "Incentivos de acceso ó crédito e axudas para a mellora competitiva".Unha xornada na que expertos e técnicos da administración autonómica darán a coñecer os detalles para un mellor aproveitamento dos recursos públicos existentes. Tendo en conta a proximidade do peche de exercicio, no encontro analizarase a importancia dos incentivos fiscais de cara á optimización da conta de resultados.
A xornada terá lugar o vindeiro mércores, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, en horario de mañá.
O conxunto de incentivos económicos e servizos de apoio promovidos dende a Administración Pública ofrecen ó empresariado galego distintas alternativas para lograr o mantemento da súa actividade e o desenvolvemento dos seus negocios.
Con este obxectivo, o Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, puxo en marcha as novas liñas de financiamento de circulante para as empresas galegas Re-Brote e Re-Solve que permitirán mobilizar 400 millóns de Euros.
A xornada informativa terá lugar no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.
Horario: 10:00 a 13:30h.
Programa da xornada e inscrición
Máis Información: 981 536 434 |
|
| Última actualización ( 02/11/2009 ) |

