| Xornada sobre a Empresa Familiar na Cámara de Comercio de Lugo |
A Cámara de Comercio de Lugo organiza unha nova xornada formativa centrada nas empresas familiares. Baixo o título "O futuro do protocolo familiar: o que ninguén conta...", a xornada ten coma obxectivo amosar os problemas que existen e cómo superalos con éxito para que o protocolo familiar sexa algo máis que un documento nunha estantería.Dirixida a aquelas familias que queran asegurar a permanencia do carácter de empresa familiar no tránsito da propiedade e xestión da mesma ás seguintes xeracións, a conferencia celebrarase o vindeiro mércores, 18 de novembro, en horario de tarde, no Edificio FORCAM.
Ó longo da tarde falarase do protocolo familiar, das principais ferramentas xurídicas para a continuidade da empresa familiar e das modificacións da nova Lei de Dereito Civil de Galicia, entre outros temas.
Programa:
*O protocolo familiar: se triunfa a nosa empresa non é froito do azar. *Principais ferramentas xurídicas para a continuidade da empresa familiar: ferramentas fiscais e civís imprescindibles na planificación da sucesión na empresa familiar; modificacións da nova Lei de Dereito Civil de Galicia. A participación na xornada é gratuíta, previa inscrición.
Data: 18 novembro 2009
Horario: de 19:00 a 20:30 horas.
Lugar: Edificio FORCAM, fronte á Facultade de Veterinaria.
Dpto. Creación Empresas Cámara Lugo
Teléfono: 982 284 370
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 12/11/2009 ) |

