| Xornada sobre Creación de Emprego, Inmigración e Retorno en Santiago de Compostela |
|
A Secretraría Xeral da Emigración organiza esta xornada co obxectivo de ofrecer unha visión práctica das políticas de emprego que se están a desenvolver no eido da emigración. Co subtítulo de Experiencias e orientacións prácticas, búscase que os participantes podan intercambiar coñecementos e boas prácticas en pequenos grupos de traballo.
Pola mañá exporase a situación das terefas que se están a desenvolver para a modificación da Lei de Estranxeiría; asemade, presentaranse experiencias de inserción sociolaboral realizadas en varias Comunidades Autónomas. Xa pola tarde será a quenda dos obradoiros, moderados por expertos, sobre diversas materias: economía social, emprendemento e orientación e intermediación laboral.
A xornada terá lugar o vindeiro 27 de outubro, na sede da Escola Galega da Administración Pública, en Santiago de Compostela. É necesaria inscrición previa, ata completar o aforo de 100 participantes (33 en cada obradoiro).
Programa
9,00 h Recepción e entrega de documentación
9,45 h Inauguración
10,00 h Conferencia inaugural
"Migracións, tecido produtivo e emprendemento: reforma da lei de estranxería". Rafael Hernando. Diputado nacional e poñente da modificación da lei de estranxería.
11,30 h Pausa
12,00 h Mesa redonda
Experiencias prácticas en inserción sociolaboral
- Comunidad de Madrid (pendente de confirmación).
- Comunidad Autónoma de Valencia. Mª Jesús Mateu. Jefa de Área de la Dirección General de Inmigración y Ciudadanía (Conselleria d´Inmigració i Ciutadania).
- Generalitat de Catalunya. Xestión de fluxos migratorios: o Servizo de intermediación, formación e primeira acollida en orixen. Elisa Vicario. Jefa del Área de Relaciones Externas (Secretaria Técnica del Servei d´Ocupació de Catalunya).
- Comunidade Autónoma de Galicia. Estratexias e programas de inserción sociolaboral. Joan Ribot. Xefe de Servizo de Planificación e Formación (Secretaría Xeral da Emigración). 14,00 h Descanso
17, 00 h Obradoiros
Economía social: ¿Como facer do cooperativismo e a economía social unha boa forma para acceder ao emprego? Coordina: Ana Lorenzo. Representante do Consello Gallego de Cooperativas.
Emprendemento: o autoemprego como saída laboral. Coordina: Manuel Trincado. Responsable de Emprendedores do IGAPE (Consellería de Economía e Industria).
Orientación e intermediación laboral. Coordina: Mª Concepcion Novo. Coordinadora de Orientacion laboral da provincia na Coruña (Consellería de Traballo e Benestar).
18,30 h Conclusións da xornada
19 h Clausura
Máis Información:
Experiencias e orientacións prácticas
Data: 27 de outubro de 2009
Lugar: Santiago de Compostela - EGAP
Inscricións:
|
|
| Última actualización ( 15/10/2009 ) |

