| Xornada sobre "Xestión da morosidade e concurso de acredores" na Coruña |
A Confederación de Empresarios da Coruña organiza unha xornada de debate sobre "Xestión da morosidade e Concurso de Acredores" no que participarán especialistas do ámbito xudicial, fiscal, económico e universitario.Coa actual situación económica, reducíronse os ingresos nas empresas, incrementando o endebedamento a corto prazo e existindo unha maior restrición do crédito. Todo elo contribúe de xeito importante ó incremento do número de impagos nas empresas, así como no número de empresas concursadas. Por elo, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), organiza esta xornada co obxectivo de abrir un foro de debate sobre a actual situación nas empresas e as posibles solucións ós problemas que teñen.
A xornada desenvolverase no Salón de Actos da CEC o vindeiro xoves, 3 de decembro, a partir das 16:00 horas. Para participar hai que confirmar a asistencia xa que as prazas son limitadas.
Xornada gratuíta previa confirmación de asistencia.
Inscricións e información:
Teléfono: 981 133 702
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Programa da xornada
|
|
| Última actualización ( 30/11/2009 ) |

