| Xornadas de formación medioambiental para empresas e industrias en Lugo |
A Cámara de Comercio de Lugo celebrará neste mes de outubro dúas novas xornadas de formación gratuíta dirixidas a empresarios/as e industriais da zona. Trátase dunha acción formativa centrada no eido do medioambiente que se desenvolverá en dúas xornadas diferenciadas.A primeira delas, que terá lugar o 22 de outubro, xoves, a partir das 19h., estará dedicada á Lei de Responsabilidade Medioambiental. Unha xornada na que se analizarán as directrices da UE en materia de responsabilidade ambiental, así como as principais obrigas dos/as empresarios/as derivadas da aplicación da dita lei.
A segunda xornada formativa celebrarase o vindeiro xoves 29 de outubro, tamén en horario de tarde, cun tema máis concreto: Residuos Industriais, a súa normativa e xestión. Día no que se explicará a normativa xeral e específica en materia de residuos, ademais das obrigas que implica para produtores e xestores.
As xornadas teñen carácter gratuíto, polo que será necesario inscribirse previamente. A celebración terá lugar no Edificio FORCAM, da Cámara de Lugo.
Programa das xornadas
1. Lei de Responsabilidade Medioambiental
Directrices da Unión Europea respecto á responsabilidade ambiental. ¿A miña empresa encóntrase afectada pola Lei? Principais obrigas derivadas da aplicación da Lei de Responsabilidade Ambiental Ámbito de aplicación: Dano Producido ou Ameaza Inminente Garantía financeira: Seguros, Avais, Reserva Técnica Sancións por incumprimento. Prazos para cumprir cos requisitos la Lei. Futuros desenvolvementos. Data: 22 de outubro de 2009
Horario: 19.00 a 20.30 h 2. Residuos industriais: normativa e xestión.
Definicións. Normativa xeral e específica. Obrigas dos produtores e xestores. Rexistro xeral de produtores e xestores. Rexistro telemático da Xunta de Galicia. SIRGA. Data: 29 de outubro de 2009
Horario: 19.00 a 20.30 h Inscricións e información:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 19/10/2009 ) |

