| Xornadas sobre innovación en Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín |
A Cámara de Comercio de Ourense organiza unhas novas xornadas sobre innovación nas localidades de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín. Baixo o título "Porque innovar é marcar a diferenza" as xornadas informativas celebraranse ó mesmo tempo nas tres vilas e ó longo de dous días, o 9 e 10 de decembro.Serán tres edicións nas que os participantes serán informados sobre a xestión de proxectos de I+D+i, a sistematización da xestión, a normativa de aplicación e o financimento, fiscalidade e axudas públicas que afectan ós proxectos de I+D+i. Cunha metodoloxía mixta teórico-práctica, os asistentes poderán coñecer de primeira man casos prácticos de proxectos xa postos en marcha e que acadaron un grande éxito.
Para participar en calquera das xornadas haberá que se inscribir en calquera das sedes da Cámara de Comercio de Ourense, sitas nas localidades nas que se celebrarán as sesións.
Programa O Barco de Valdeorras.
Xestión de proxectos de I+D+i: UNE 166.001:2006"
Día 9 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
Xornada 1: Introducción
-Características dun proxecto de I+D+i
-A norma UNE 166.001:2006
-Tipos de proxectos de I+D+i
-Requisitos dun proxecto de I+D+i
-Casos prácticos
Día 10 de decembro, de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 horas.
Xornada 2: Documentación proxectos I+D+i
-Definición dos obxectivos do proxecto
-Novidade dos traballos
-Lexislación aplicable e outras regulacións
-Planificación de Tarefas e Xestión de Riscos
-Estrutura de persoal, orzamento e recursos
-Plan de explotación dos resultados
-Proceso de certificación e o informe motivado
-Casos prácticos
Información e Inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 988 685 221
Programa Ourense.
Sistematización da xestión da I+D+i: UNE 166.002:2006"
Día 9 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
Xornada 1: Estruturas para a I+D+i
-Terminoloxía e Modelos de innovación
-A sistematización da I+D+i
-Xestión da I+D+i: concepto e vantaxes
-Deseño dunha política de I+D+i
-Adecuación da estrutura organizativa
-Casos prácticos
Día 10 de decembro, de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 horas.
Xornada 2: Ferramentas e actividades de I+D+i
-Vixilancia tecnolóxica e do entorno
-Previsión tecnolóxica e escenarios de evolución
-Técnicas de creatividade na xeración de ideas
-Análise externa e interna
-Análise e selección de ideas de I+D+i
-Casos prácticos
Información e inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 988 233 116
Programa Verín.
Financiamento da I+D+i. Fiscalidade e axudas públicas.
Día 9 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
Xornada 1: Fiscalidade da I+D+i
-Actividades excluídas da deducción
-Evolución lexislativa
-Base da deducción por I+D e IT
-Requisitos comúns dos gastos de I+D+i
-Gastos subvencionables
-Tipo de deducción I+D e IT
Día 10 de decembro, de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 horas.
-Límite de deducción e incompatibilidades
-Solicitudes do Informe Motivado
-Casos prácticos
Xornada 2: Axudas públicas á I+D+i
-Incentivos das Administracións para o fomento da innovación
-Axudas Autonómicas e Nacionais
-Axudas Europeas e Internacionais
-Casos prácticos
Información e Inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 988 410 000.
|
|
| Última actualización ( 01/12/2009 ) |

