Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral en Santiago de Compostela
O Concello de Santiago e Máiscompostela, en colaboración coa Asociación Plataforma polo Emprego, organizan unha xornada formativa sobre empresas de inserción laboral que se celebrará o vindeiro 14 de decembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
 
Con esta "Xornada Técnica sobre Empresas de Inserción Laboral", preténdese promover un lugar de encontro para todas aquelas persoas que dende o mundo da empresa, das institucións públicas, das entidades sindicais e do tecido asociativo, están involucradas na loita contra a exclusión social.
 
Un espazo que permita a técnicos e profesionais do ámbito da promoción do emprego e a inclusión social, reflexionar e dialogar sobre cuestións relativas a como romper a inercia da non corresponsabilidade na xeración de emprego para os máis desfavorecidos e excluídos.
O obxectivo da xornada é a análise por parte dos técnicos e profesionais na materia sobre cuestións como:
    -Cal é a realidade, e as actuacións das empresas de inserción, e das súas entidades sociais promotoras, na situación actual do mercado de traballo. 
    -Promover a incorporación de cláusulas sociais nas licitacións públicas, para favorecer a inserción laboral de colectivos en situación de exclusión. 
    -Afondar no papel que deben desempeñar as corporacións locais, para o desenvolvemento e implantación da Lei de Empresas de Inserción. 
    -Potenciar a plena participación dos colectivos afectados por esta situación de exclusión, na definición de acción alternativas e proxectos xeradores de emprego.
 
A xornada celebrarase ó longo de todo o día.
 
MÁIS INFORMACIÓN
INSCRICIÓNS
(data límite: 11 decembro)
Formulario

OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
PLATAFORMA POLO EMPREGO
Rúa Concheiros, nº 33, 1º
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 580 506
Fax: 981 580 506
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Última actualización ( 04/12/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design