| Xuntanza en Vigo de técnicos de emprego e do Igape e a UPD Coordina Local |
Dentro dos seminarios programados polo Igape e a UPD Coordina Local para difundir os produtos básicos do Instituto Galego de Promoción Económica, un grupo de técnicos de emprego da área de Vigo coñeceron hoxe estas ferramentas. O encontro tivo lugar no Edificio administrativo da Xunta de Galicia na cidade olívica, coa participación dun total de 22 axentes de emprego e desenvolvemento local da área metropolitana.
Santiago, 3 de outubro de 2008.- Técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Consellería de Economía e Facenda, reuníronse hoxe con axentes de emprego de varios concellos e entidades da área de Vigo e o sur da provincia de Pontevedra, para mellorar e ampliar os seus coñecementos sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento dispoñibles para as empresas. O obxectivo destes encontros, que están a ter lugar en diferentes puntos de Galicia, é familiarizar aos axentes con estas ferramentas, para que fagan chegar esta información aos emprendedores e empresarios da súa zona de influencia, e manter ou mesmo incrementar así o dinamismo na actividade das pemes xa existentes e as de nova creación, unha iniciativa que se considera de especial interese tendo en conta a actual situación económica. Nesta xuntanza de traballo de Vigo participaron un total de 22 axentes que traballan en diversas entidades e concellos da provincia. Entre eles os procedentes de A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Nigrán, Gondomar, Redondela, Pazos de Borbén, Mondariz, Salceda de Caselas, Porriño e Mos, ademais dos que se ubican en diferentes entidades con sede na propia cidade olívica. UPD Coordina Local A planificación, programación e organización destas reunións corresponde á Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, un grupo de traballo impulsado conxuntamente por IGAPE-BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, e a Consellería de Traballo. A tarefa fundamental desta UPD é difundir as ferramentas e servizos para apoiar a creación de empresas e a súa consolidación. Neste sentido, coordina e asesora aos axentes de emprego en relación con iniciativas como as actividades formativas de BIC Galicia, que buscan desde difundir a cultura da creación de empresas ata favorecer a maduración de ideas de negocio e a planificación e a xestión empresariais. |
|
| Última actualización ( 07/10/2008 ) |

Dentro dos seminarios programados polo Igape e a UPD Coordina Local para difundir os produtos básicos do Instituto Galego de Promoción Económica, un grupo de técnicos de emprego da área de Vigo coñeceron hoxe estas ferramentas. O encontro tivo lugar no Edificio administrativo da Xunta de Galicia na cidade olívica, coa participación dun total de 22 axentes de emprego e desenvolvemento local da área metropolitana.